miércoles, 26 de mayo de 2010

Como sabedes, éste é o deradeiro sábado dofestival Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña ....."ohhhhhhh!"

Pero cun programa do máis completo!!! ......"siiiiiiii!!"

Jejejjej!

Velaiquí vos deixo o programa , con actividades pra todolos gustos dende as 11:3 ata as 24 horas:


POSICIÓN B


13 h. Proxeccións en super 8, interesante traballo presentado por Fernando Pujalte, sobre este soporte recente pero xa antigo.18 h.

Charla de anime de Serial Experiments David Pazos e Mariña Eiroa proxectarán dous cortos de Koji Yamamura: Franz Kafka, un médico rural, adaptación do relato do mesmo nome de Franz Kafka, e Bavel´s Book, baseaado no libro de Jose Luis Borges: El libro de los seres imaginarios.Durante a charla se achegará ao autor dos cortos falando das súas técnicas e ifluencias, e ademáis nos darán as claves para entender o concepto de anime experiemental. Moi interesante e envaucador!

19 h. Sinaturas de fanzines (libros):
Sinónimos de lucro “fanzine de variedades” no que se mixtura sen vergoña algunha cómics, ilustracións, entrevistas, relatos, fichas ou o que se tercie nun formato cómodo de 48 páxinas.Con tan só dous números no lombo, sinónimos xa pasou por mulititude de tendas, blogs e presentaciones tales como o salón de Barcelona, el Fnac, e agora o noso Paralelo 43 21 45 entre outros.
La mancha negra de Mariano Casas. Premio Castelao BD 2009, con MensaxesHistoria dun personaxe sumido en moitas crises: non só a persoal tamén a social, cultural, e sobre todo, económica que lle rodea. Odisea dun personaxe que aprendeu a vivir sen esperar nada, observar o mundo cunha mixtura de desdén, ironía e optimismo, mientras todo ao seu redor desmoronase.
Os lobos de Moeche de Manel Cráneo. Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, Manel afronta a súa primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixo en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a súa única obra en formato longo.Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial “Demo” en colaboración coa entidade Euroeume.


20 h. Proxeccións de mediametraxes e cortos, que contarán coa presentación dalgúns dos seus autores:
O laberinto ario de Alfredo Pardo Hermida
(m)2 de Xosé Abad, por Sandra G. Rey (estudio E.A.F.)
Elixido (ver parte 1 - parte 2) de Chema Gagino (premio Mestre Mateo 2009 Mellor curtametraxe de ficción)
Dies Dei de Nani Matos. 3º premio do xurado e premio do público na séptima edición do festival Internacional de Cine Solidari, CLAM 10 (Navarclés, Barcelona)
Cajón desastre e El escritor de destinos, de Caamaño Castro
Nemo de Miguel Mariño e Ari Camiño (Alén Filmes) (premio Mestre Mateo 2008, Mellor obra experimental).


22 h Sesión VJ: Mercedes Benz 220: música e proxeccións dos anos 70. Un novo proxecto levado a cabo por Miguel e Alfonso, uns cracks no sector audiovisual!


FINAL DA RÚA BARCELONA


17 h Sesión demo de graffity e “pulpo reggae sound” con Jacobo Jaspe (Pilo).


22 h Proxeccións na propia rúa dunha compilación de videos que non sobrepasan os 10 minutos:
Agra -Ya basta – Inicio e o DVD de paralelo 43º 21’ 45” por Elizabeth Ross
Innerland por Elizabeth Ross e Sarah Minter
Pinturera de Miguel Mariño
Fráxil de Sandra G. Rey
Ego-Mortis de Lorena Terrón (mención de honra galiza crea 2008 GZCrea 2008 por “Ego mortis” e tamén “Tango”
Momento de Miguel Mariño
Mar aberto de Xacobe Meléndrez Fassbender
Cajón desastre e El escritor de destinos, de Caamaño Castro
Recreation de Esther Amil y Cia

MERCADO DAS CONCHIÑAS :

12 h proxección de “Os soños do mar” de Daniel López (Mandeo Records e clack producions).

PRAZA DAS CONCHIÑAS:

OBRADOIROS DE GRAVADO, BATIK, ABALORIOS DE RECICLAXE, PLÁSTICA INFANTIL E BROCHES DE FELTRO e exposición de obras dos artistas que imparten os obradoirosEntre as 17 e as 20 horas podes achegarte ás carpas para escribir no libro “O teu barrio ideal” e poñer aquelo que cambiarías ou che gustaría que fixeran nel.


Permanecen montadas as exposicións artísticas en 45 establecementos comerciais: peluquerias, xoierías, froiterias, talleres mecánicos, bares… onde oleos, gravados, fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas… conviven coas meracadorias, promocionando cultural e comercialmente o barrio e facendo que o público acceda a arte no seu día a día.

No hay comentarios:

ShareThis