lunes, 24 de mayo de 2010

domingo, 23 de mayo de 2010

Festival artístico PARALELO 43º 21' 45'', xornada artes literarias


— O sábado 15 de maio de 2010, tivo lugar a xornada adicado ás artes literarias, dentro do festival PARALELO 43º 21' 45'', organizado por Arteu, BGR e 5célula. Perto do día das letras galegas, tivemos recitais de poesía:

- O" Mercado da poesía" no Mercado das Conchiñas, no que participaron:

Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás,Eduardo Estévez, Emma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, François Davós, Luis Maças, Xosé Luis Otero Cebral, Maria Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Mercedes Molares, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, e poetas de Os diversos (Mou, Concha Parga, ängeles Cuperio, Mercedes Molares, Maika Rivas, Eusebio Freire). Todos eles acompañados da música de Dubi Baamonde, Cesar Morán e Rubén Barros.

- Xa na tarde, ás 20 horas, ao final da rúa Barcelona, houbo outro recital, o Slam Propólis con 4 poetas: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Charlin Ozores, Papis Diao e Nico, acompaña a Danza Duende de Cristina Morán.

Moitas grazas a todos os que participaron de un modo u outro.

lunes, 10 de mayo de 2010

Exposición Festival Paralelo 43º 21´45´´

Xa podedes ver as obras de máis de
50 artistas, seguindo este mapa, que
Xacobe, realizou expresamente pra este festival, xa que non existe outro mapa normativizado da zona ( por increíble que pareza).

Fé de erros:
Sito Lopez Lage ( Mesas confort) expón pintura no canto de fotografía.
Non é kikomics, senó kikomic.
Disculpade.

Por motivos alleos a organización houbo ademáis os seguintes cambios no programa:
-Por asuntos persoáis, Iria García, non puido entrar a participar na colectiva da Colmena.Pero mantéñense o resto de artistas deste local.
-A expo de D´Loren que non se puido levar a cabo repartiuse entre Pasarela e A Colmena.
Por mor do fútbol cambiar a Fresquiños, polo Tsunami.

-A actuación prevista do grupo “Los del sur”, que abrirían o festival, non se puido facer, o cal sentimos moito todos
.

Queremos agradecer a todxs os grupos que participaron a súa colaboración desinteresada neste gran festival, e tamén a toda a xente que se achegou a escoitalos.

viernes, 30 de abril de 2010

Festival Paralelo 43º 21´45´´


Pronto arrancará o primeiro gran festival artístico na Coruña da Sociedade para a sociedade: "Paralelo 43º 21' 45" A Coruña". Máis de 100 artistas xuntos, partcipando de balde para achegar a arte a rúa e dinamizar o barrio da Agra-Conchiñas.

martes, 16 de marzo de 2010

Fegatur web


Final fegatur web, originalmente cargada por Entintadamente.


Cliente: Fegatur- Federación galega de turismo rural.
www.galiciaturismorural.es/web/index.php.

Autor: Rubén Mariño.
Ilustración

Pegatinas "Goza en galego, goza do galego"

Cliente: "Asociación Universidade Popular de Verao de Corcubión".
universidadecorcubion.blogspot.com/
Autor: Rubén Mariño.
Ilustración.

Poster "Graffity-Goza en galego"

Poster "Graffity-Goza en galego"

Cliente: “Asociación Universidade Popular de Verao de Corcubión” .
universidadecorcubion.blogspot.com/
Autor: Rubén Mariño.
Ilustración

ShareThis